Skip to content Skip to footer
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada Máis que mel

Jun 4, 2022

Gratuito

 


APRAZAMENTO DO EVENTO “MÁIS QUE MEL E OS BOLECHAS”
Debido ás previsións de mal tempo para esta fin de semana, o evento “Máis que Mel e os Bolechas” previsto dentro da Xornada “Máis que Mel” do sábado 4 de xuño, queda adiado ata vindeiro aviso.

Lamentamos ter que cancelar esta actividade pero, ó realizarse na súa totalidade en espazo exterior, non é viable a súa celebración coa previsión de choiva. Informaremos tan pronto teñamos confirmada a nova data.
As actividades do Día do Cooperativismo organizadas xunto con Erica Mel S.C.G. sí que se levarán a cabo, polo que animamos a todas as persoas interesadas a participar, tanto na mesa redonda que terá lugar ás 11.30 h. sobre o aproveitamento dos nosos montes e cultivos para a apicultura, así como aproveitar as ofertas de material e produtos da cooperativa que haberá en exclusiva durante esta xornada.

Para máis información:
www.ericamel.gal
info@maisquemel.gal


Máisquemel e Erica Mel organizan esta xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos dirixida a diferentes públicos. Por un lado daremos a coñecer a importancia das abellas como insectos polinizadores e o valor dos produtos da colmea entre o público xeral e infantil, con varias actividades lúdicas e educativas. E por outro, haberá un espazo para os apicultores e apicultoras, no que se presentará a publicación “Manexo de masas vexetais para a apicultura”, editada por Frouma, cunha mesa redonda sobre a mesma temática.

OS BOLECHAS – MÁIS QUE MEL

Evento adicado á publico infantil con motivo da presentación da publicación “Os Bolechas – Máis que Mel”, libro con formato de guía didáctica editado por Máisquemel e Bolanda Edicións. Para celebralo, os Bolechas en persoa visitarán Arzúa e o Parque dos Polinizadores, para saudar a todos os nenos e nenas que se acheguen a coñecer o apaixoante mundo das abellas.

– Pola vila de Arzúa, de 10 a 14 h. Pasarrúas e animación cos Bolechas.
– No Parque dos Polinizadores (a carón da nave de Erica Mel) de 11 a 14 h.: Presentación da publicación “Os Bolechas – Máis que Mel” e obradoiros para nenos e nenas.
– Haberá varias sesións dos obradoiros ó longo da mañá. Cada sesión terá unhas prazas
limitadas, que se cubrirán por orde de chegada. A participación será de balde, previa inscrición en info@maisquemel.gal.

DÍA DO COOPERATIVISMO

Con motivo da Asemblea Xeral de Erica Mel S.C.G. celebrarase este evento destinado a apicultores e apicultoras, con palestras e venda de material apícola. A participación é aberta a todo o público interesado.

No Local da AAVV Santa María: 

  • Ás 11.30 h. Mesa redonda “Manexo das masas vexetais para a apicultura”. Coa
    presenza das persoas autoras: Suso Asorey, biólogo; Rebeca Vázquez, bióloga; Diego
    Sánchez, técnico de Frouma.
  • Ás 13 h. Asemblea xeral de Erica Mel S.C.G.

Na nave de Erica Mel, de 10 a 14 h.:

  •  Liquidación material apícola da cooperativa e promoción de pole
    Con motivo de liberar de espazo a nave de Erica Mel, o material apícola poñerase á venda
    a un prezo especial rebaixado, algúns produtos ata o 50 %. Tamén haberá unha promoción
    no pole, que se poderá levar a prezo de custe, a granel ou en envases de 1.275 g.
  • Presentación dos produtos “A Botica das Abellas”
    Erica Mel e O Enredo do Abelleiro presentarán esta nova línea de produtos, elaborados
    artesanalmente con materias primas seleccionadas: meles crema enriquecidos cos
    produtos da colmea e mel ecolóxico.

________________

Máisquemel 981 589 534 / www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal

 

ORGANIZA:

COLABORAN:

Detalles

Fecha:
Jun 4, 2022
Precio:
Gratuito
Categorías del Evento:
,

Local

Arzúa
A Coruña España

Organizadores

Máisquemel
Erica