- Este evento ha pasado.
Día Mundial da Abella
May 20, 2022
GratuitoMáisquemel celebrará o vindeiro 20 de maio o Día Mundial da Abella, coa presentación da publicación “Os Bolechas – Máis que Mel” e a realización dunha actividade para público infantil, coa colaboración de Erica Mel S.C.G. e a Bilbioteca Pública de Santiago Anxel Casal.
O evento terá lugar o 20 de maio ás 11 h., na Biblioteca Anxel Casal en Santiago de Compostela, onde presentaremos a publicación “Os Bolechas – Máis que Mel”, que acaba de editar o colectivo Máisquemel xunto con Bolanda Ediciones. Para iso contaremos coa presenza do autor e creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, e acompañarannos as pequenas protagonistas desta historia, Ulla, Iria e Roi, que participan neste conto amosándolle ós Bolechas o interesante mundo das abellas. No acto participará un grupo de nenos e nenas do CEIP López Ferreiro, realizando un obradoiro sobre as abellas.
Ademais, dende o 19 ó 27 de maio, instalarase a exposición “O mundo das abellas” na biblioteca, xunto cunha mostra bibliográfica sobre abellas, tanto para público adulto como infanil.
Colaboran: