Skip to content Skip to footer
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada Apiturismo 18 xuño: O Ézaro e Carnota

Jun 18, 2023

10€

O vindeiro domingo 18 de xuño realizaremos unha nova xornada de apiturismo para coñecer o patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte e o tipo de apicultura que se practica nesta comarca.

Pola mañá visitaremos os colmeares da Asociación Río Vadebois, situados en Caldebarcos (Carnota), mentres desfrutamos da fermosa paisaxe e contorna. Xantaremos de campo, se o tempo o permite, e pola tarde faremos a Ruta dos Muiños de Louredo en O Ézaro, para descubrir un conxunto etnográfico moi singular, formado por un muiño e unha alvariza con lacenas das abellas, .

O custe de inscrición será de 10 € para membros do Club Máisquemel e 15 € para o resto. Podedes anotarvos ata o día 15 de xuño, escribindo un email a info@maisquemel.gal.

As persoas inscritas recibirán un email co información dos horarios e punto de encontro.

Máis información: Xornada Apiturismo: O Ézaro e Carnota, 18 xuño 2023

Detalles

Fecha:
Jun 18, 2023
Precio:
10€
Categorías del Evento:
,

Organizador

Máisquemel

Local

Caldebarcos
Caldebarcos A Coruña España + Google Map

Leave a comment