O vindeiro mes de xullo faremos o noso convivio de verán na Casa das Abellas de Abegondo. Este ano homenaxeamos a Xesús Rivas, Cura de Rao (Navia de Suarna), por toda unha vida de dedicación ás abellas. Haberá tamén visita ó Ecomuseo e despois do xantar compartiremos experiencias sobre a venda directa dos produtos das abellas.
Data límite para anotarse: 26 de xuño, a través do whatsapp 630 069 635.

PROGRAMA
Ás 11.30 h. Chegada e benvida das asistentes á xornada.
Ás 12 h: Visita ao ecomuseo
Ás 13 h.: Homenaxe a Xesús Rivas, Cura de Rao
Ás 14 h.: Xantar de confraternidade. Cada quen aporta o seu xantar
Ás 16 h: Audiovisuais: Galicia, terra de abellas
Ás 17 h. Experiencias sobre a venda directa de produtos das abellas
Inscricións ata o 26 de xuño. Teléfono / Whatsapp 630 069 635
