O día 6 de maio ás 19 h. comezan as actividades do "Día Mundial da Abella 2025", coa inauguración da exposición "A crise da polinización. Un planeta con plantas estériles?" na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Poderase visitar ata o 30 de maio. A exposición, que aborda a alarmante diminución de especies polinizadoras,…
As abellas: Máisquemel, polinización, biodiversidade, medioambiente, saúde, patrimonio natural, sentinelas do medio ambiente, apiturismo, apiarte. Un modo de vida…
PROGRAMA: Biblioteca Pública Anxel Casal, Santiago de Compostela Do 6 ó 30 de maio Exposición “A crise da polinización.¿Un planeta con plantas estériles?“, cedida polo Grupo de divulgación científica Divulgare da Universidade de Vigo 6 de…
No mes de xullo do 2025 faremos xunha xornada na Casa das Abellas de Abegondo, na que debatiremos sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo. É recomendable ler o libro antes de apuntarse ó convivio: “Curso práctico de apicultura” de Benigno Ledo González.…
Con motivo do Día Mundial da Abella, que se celebra anualmente o día 20 de maio, Máisquemel organiza este ano 2025 a primeira edición dun concurso de obras plásticas que aborden este tema. Bases I Concurso Apiarte: TEMÁTICA As obras presentadas ao concurso deberán ter como tema as abellas e/ou a apicultura ligada á tradición…
Aquí publicamos o adianto do programa deste ano, para que vaiades anotando nas vosas axendas as propostas que estamos preparando en Máisquemel. Agardamos a vosa participación! No mes de maio celebraremos o Día Mundial da Abella en Santiago de Compostela, cun programa de actividades que realizaremos entre a Biblioteca Anxel Casal e o Museo de…
A Libraría Aenea de Santiago de Compostela acolleu no mes de novembro unha xornada organizada por Máisquemel con interesantes charlas sobre o mundo dos polinizadores: abellas e medio ambiente, a Vespa velutina e a cultura abelleira na Costa da Morte. Para iso contamos coa participación de Suso Asorey, biólogo e fundador de Máisquemel, que falou…
O pasado mes de novembro celebramos o III Encontro de Mulleres Abelleiras en Agolada, visitanto o proxecto de Eva Fernández "A Cova Mel e Apicultura" e coñecendo ás Mulleres Salgadas, asociación de mulleres que se adican ó sector pesqueiro galego.
Foi unha interesante e enriquecedora xornada, na que coñecemos este interesante espazo de "A Cova"…
O vindeiro 23 de novembro o colectivo Mulleres Abelleiras Galegas celebraremos o noso III Encontro coa visita a "A Cova Mel e Apicultura", un proxecto de Eva Fernández, a muller abelleira que fará de anfitriona nesta xornada. A Cova Mel e Apicultura está ubicado no Monte Farelo (Agolada, Pontevedra) onde Eva, unha xoven que decidiu…
Máisquemel e a libraría Aenea organizan unha xornada na que falaremos sobre as abellas como sentinelas do medio ambiente e gardiáns da biodiversidade. Haberá charlas, presentación de libros e obradoiros para todos os públicos. A xornada terá lugar o venres 15 de novembro a partir das 18 h. na Libraría Aenea, Rúa Irmáns Rei Alvite,…
No verán do 2024 celebramos varios convivios no Ecomuseo Casa das Abellas, en Abegondo.
A primeira cita estaba programada para o día 2 de xuño, pero houbo que adiala debido ó mal tempo e polo exceso de demanda para o aforo existente. Ese día finalmente houbo un pequeno encontro dunha ducia de persoas e as…
Á volta do verán, o sábado 7 de setembro, organizamos un convivio no Ecomuseo Casa das Abellas de Abegondo, no que entregaremos unha distinción espeicial a Julio López (in memoriam) e Antonio Mesejo, por toda unha vida de traballo adicado ás abellas. O convivio consistirá nunha visita guiada polo Ecomuseo, obradoiros para crianzas e outras actividades…
O pasado mes de xuño viaxamos polas terras da Baixa Limia e Xurés, para descubrir a apicultura desta comarca e os moitos tesouros que se agochan nas súas aldeas, ríos e montañas. Foi unha experiencia moi fermosa, na que houbo momentos para desfrutar da natureza, aprender sobre a nosa cultura e descubrir recunchos cheos de…
