No mes de setembro realizaremos unha xornada de apiturismo en Vimianzo, da man de Carme Toba, apicultora e experta en patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte. Terá lugar o día 24 de setembro, a partir das 10 h. e incluirá a Ruta das Alvarizas de Vimianzo, unha ruta circular de 8 km, pola que veremos…
Máisquemel organiza unha viaxe a París para coñecer a apicultura urbana desta cidade, unha das pioneiras e con máis fama na práctica deste tipo de apicultura. Alí pódense atopar colmeas e casas de polinizadores en moitos parques e xardíns urbanos, como no Xardín de Luxemburgo, ata nos edificos máis emblemáticos, como nos tellados da Ópera…
O sábado pasado celebramos a "II Xornada Máis que Mel" no Enredo do Abelleiro de Arzúa. As persoas que se achegaron dende distintos lugares de Galicia desfrutaron desta interesante cita co mundo das abellas no excepcional entorno do museo, un referente histórico na divulgación da apicultura en Galicia.
As protagonistas indiscutibles da xornada foron as…
A próxima cita de Máisquemel será o 2 de xullo no Enredo do Abelleiro en Arzúa e terá como actividade principal a celebración do 1º Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas, un novo colectivo promovido por Máisquemel, que pretende visibilizar a presenza das mulleres na apicultura e noutros sectores relacionados co mundo das abellas. Na xornada haberá…
O pasado sábado 4 de xuño celebrouse en Arzúa a “Xornada Máis que Mel”, na que participaron os socios e socias da cooperativa Erica Mel, que acudiron á súa Asemblea Xeral e asistiron a unha interesante mesa redonda titulada “Manexo das masas vexetais para a apicultura”, arredor da publicación co mesmo título editada por Frouma.…
Hoxe, día 20 de maio, celébrase o Día Mundial da Abella, evento instaurado polas Nacións Unidas para lembrarnos a importancia da abella e do resto dos polinizadores no medio ambiente e a súa indispensable misión no mantemento da vida do planeta. Máisquemel, un colectivo adicado á divulgación da abella e dos seus produtos, sumouse a…
