Neste mes de xullo tivo lugar o convivio anual de Máisquemel no Ecomuseo - Casa das Abellas de Abegondo, que tiña como tema o debate da apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día. Da man de Suso Asorey, o seu fundador, fixemos un percorrido polo exterior da casa co acompañamento musical…
O pasado sábado 14 de xuño coñecemos o Courel dun xeito moi especial: a través dos seus museos. Descubrimos a orixe destas antigas montañas e marabillosas paisaxes, así como das costumes e tradicións da xente que as habitou ó longo da historia. Agradecemos a compañía e conversas do apicultor Manuel Macía, que organizou as visitas…
O Parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela encheuse de arte e polinizadores o pasado 24 de maio, para celebrar a importancia das abellas e demais insectos. Nesta xornada de peche do programa de actividades do Día da Abella 2025, puidemos desfrutar dun espléndido día primaveral, no que nos achegamos ó mundo das abellas…
O sábado 24 de maio no Parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela celebraremos o evento principal do Día da Abella 2025, cunha xornada chea de interesantes actividades para todos os públicos nas que dar a coñecer a importancia das abellas e dos polinizadores. Con obradoiros nos que identificaremos insectos polinizadores e coñeceremos os…
A viaxe de apiturismo deste ano terá como destino Ibiza e incluirá un encontro coa Associació d'Apicultors d'Eivissa, coa participación de Antonio Gómez Pajuelo. Faremos unha excursión en autobús para coñecer a illa e participaremos nunha actividade con escolares ibicencos nas instalacións de Eiviss Garden, unha empresa de xardiñería con viveiro de plantas e outros…
Esta primavera Máisquemel organiza unha xornada de apiturismo no Courel. A viaxe terá lugar o 14 de xuño e visitaremos os museos de Quiroga, a aldea da Seara onde coñeceremos a Fundación Legar, un centro de interpretación de música de raíz e, para rematar, veremos alvarizas tradicionais co apicultor Manuel Macía.
PROGRAMA - As 11…
O día 5 de xullo de 2025 faremos xunha xornada na Casa das Abellas de Abegondo, na que debatiremos sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo.
PROGRAMA Ás 11.30 h. Chegada e benvida das asistentes á xornada. Ás 12 h: Visita ao ecomuseo,…
Máisquemel organiza para este ano dúas experiencias de apiturismo, na primavera unha xornada no Courel e no outono unha viaxe a Ibiza. Publicamos a continuación información xeral das viaxes, para que as persoas interesadas poidan ir anotándose. Cando teñamos o grupo confirmado, enviaremos o programa detallado.
Xornada no Courel - 14 xuño As 11 h.…
Este espectáculo da Compañía Garabullo, que terá lugar o sábado 10 de maio ás 12 h. na Biblioteca Anxel Casal, conta a historia da abella Melisa que, ao cumprir un día de vida, decide contribuír á colmea. Proba varios traballos: limpadora, coidadora de crías, construtora de paneis... Pero non encaixa en ningún. Ao final, descobre…
O día 6 de maio ás 19 h. comezan as actividades do "Día Mundial da Abella 2025", coa inauguración da exposición "A crise da polinización. Un planeta con plantas estériles?" na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Poderase visitar ata o 30 de maio. A exposición, que aborda a alarmante diminución de especies polinizadoras,…
As abellas: Máisquemel, polinización, biodiversidade, medioambiente, saúde, patrimonio natural, sentinelas do medio ambiente, apiturismo, apiarte. Un modo de vida…
PROGRAMA: Biblioteca Pública Anxel Casal, Santiago de Compostela Do 6 ó 30 de maio Exposición “A crise da polinización.¿Un planeta con plantas estériles?“, cedida polo Grupo de divulgación científica Divulgare da Universidade de Vigo 6 de…
No mes de xullo do 2025 faremos xunha xornada na Casa das Abellas de Abegondo, na que debatiremos sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo. É recomendable ler o libro antes de apuntarse ó convivio: “Curso práctico de apicultura” de Benigno Ledo González.…
